Talleres prácticos de relaxación
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) coa financiación da Fundación de Prevención de Riscos Laborais organizan os Talleres prácticos de relaxación: Controla o estrés laboral.
O curso impartirase no ximnasio Di Som, polos profesores e monitores do ximnasio.
Se queres máis información ou inscribirte podes chamar o número de teléfono 982231150 ou acudir a sede da CEL.
PRAZAS LIMITADAS
Haberá dúas datas:
- Xoves, 31 de Outubro de 2013 ás 20:15
- Xoves , 7 de Novembro de 2013 ás 20:15
Destinatarios:
Preferentemente traballadores e empresarios de pequenas e medianas empresas, de ata 49 traballadores.
Programa
TÉCNICAS PREPARATORIAS AO TRABALLO DE RESPIRACIÓN
- A respiración como clave para a boa osixenación cerebral, o pensamento positivo e a creatividade.
- Tipos de respiración: clavicular, torácica, abdominal.
EXERCICIOS LIBERADORES DE TENSIÓNS
- Movementos de toma de conciencia corporal.
- Movementos naturais e intuitivos.
TÉCNICAS DE RELAXACIÓN
- Técnicas de visualización.
- Diferenza entre contracción e relaxación muscular.
- Segmentación corporal.
RECOMENDACIÓNS PARA UN MELLOR DESCANSO
- 7 Claves para relaxarse.
Se queres inscribirte facilitámosche os boletíns de inscrición para cada data.
Para comentar debe estar registrado.