Menu
  • Inicio
  • Quienes somos
    • Contacto
  • Actividades
    • Gimnasias regenerativas
    • Kung-Fu
    • Mejora postural
    • Alta intensidad
    • Muévete en salud
  • Blog
  • Foro
  • Síguenos
    • Twitter
    • Facebook
    • Instagram
  • Inicio
  • Quienes somos
    • Contacto
  • Actividades
    • Gimnasias regenerativas
    • Kung-Fu
    • Mejora postural
    • Alta intensidad
    • Muévete en salud
  • Blog
  • Foro
  • Síguenos
    • Twitter
    • Facebook
    • Instagram

Conto «A Lenda dos Cinco Conselleiros Lendarios»


By Di Som | 16 septiembre, 2014 | Category Noticias

Un día, hai moitos, moitos anos, cando tódolos animais falaban a lingua universal, cando aínda había dragóns, atopáronse nunha lagoa o tigre Chei, a grúa Chi-Zhón, a cobra Ya-Ying, o mono  Houzú e o dragón Lou.

 Todos eles, igual que o resto de peregrinos cos que se  cruzaran desde que saíran das foto1súas respectivas casas, nos confíns do imperio, ían a Cidade Prohibida, á coroación do novo Emperador.

Ao lonxe, no camiño cara a Cidade Prohibida, víase unha tormenta enorme, tanto, que nin os máis vellos do lugar viran unha igual antes. Os cinco falaban entre eles, sen perder de vista a monstruosa tormenta, sobre as dificultades de chegar á Cidade Prohibida, á coroación do novo Emperador.

foto2Nesto, o dragón Lou compadeceuse dos outros catro, “pobriños rapaces, como vos pille esa tormenta, pápavos. Eu cando menos, teño forza abonda, para atravesala”.

Chi-Zhón, a grúa, protestou e afeoulle ese comportamento tan altivo, cunha educación exquisita, coa voz firme pero case nun  murmurio.

O tigre Chei, tamén protestou, pero no seu caso, cun vozarrón, que podería parar o corazón de calquera que o oira, sendo pobre de ánimo.

O mono Houzú, non dixo nin chío, pero no seu interior, daba a razón á grúa e ó tigre, e deu en dar chimpos dun lado para outro, entre nervioso e enfadado.

A cobra Ya-Ying respondeulle  “polo que se ve, esa tormenta está no camiño á Cidade Prohibida. Se tan forte es, seguro que chegas antes ca mín. Aínda que non o creo”.

Lou, ofendido e irritado polo claro desafío da cobra, contestou “claro que gañaría eu. ¿Cómo poderías gañarme ti, se non podes facer máis que arrastrarte?

Ya-Ying, que xa esperaba unha resposta parecida, dixo, “falar é fácil. ¿Que che parece? O último que chegue será o escravo do outro por un ano.”

Lou, aínda máis ofendido, ¿cómo podería tolerar tal falta de respecto? “Por suposto que acepto. E xa teño un par de traballos para que fagas na miña cova.”

Vendo que isto se puña demasiado serio, interveu o mono … “¿E logo nos? A verdade, a foto3min encantaríame ter a un dragón como criado.” A grúa e o tigre, non puideron evitar un pequeno sorriso …

Lou xa non puido máis. “Da cordo. O primeiro que chegue á Cidade Prohibida, será o amo dos outros catro durante un ano. ¿Acordado?”. Nas súas palabras había incredulidade e rabia.

“¡Acordado!” contestaron todos a un tempo.

“¡Pois a carreira empeza xa !” dixo Lou mentres saía voando.

foto4Cada un dos animais, seguiu o seu camiño.

Chei seguiu polo camiño directo que ía cara a Cidade Prohibida, atravesando a tormenta. Con enormes dificultades, loitando contra o vento, a choiva, árbores caídos, ríos desbordados, nunca deixou de avanzar, e acabou entrando na Cidade Prohibida pola porta oeste.

Chi-Zhón, voou o máis alto que puido, e vendo que aínda así non daba evitado a foto5tormenta, deu un rodeo, sempre preto da tormenta. O rodeo fíxoa chegar a dúas provincias ao sur da  Cidade Prohibida. Pero desde alí, non había nin unha soa nube no horizonte, en dirección á Cidade Prohibida.

A cobra Ya-Ying, preferiu ir polo bosque, que coñecía desde que nacera. Tivo que se ocultar das aguías no claro do bosque, e facer parte da viaxe pola noite evitando outros predadores. A tormenta era tan grande que case morre ao atravesar a cova onde nacera, pero ao final puido entrar na Cidade Prohibida pola porta norte.

Houzú, sabedor que con toda a auga que estaba caendo na zona o río iría moi rápido, decidiu aproveitar un tronco que caera xunto ao manancial. Votou o tronco ao río que nacía alí mesmo, e montando no tronco, ía remando coa idea de chegar ao mar. Varias veces a violencia da auga estivo a punto de tiralo do tronco. Xa pasada a tormenta, viu que se paraba nunha curva do río, podería chegar antes e máis facilmente á Cidade Perdida polo camiño do este.

Lou, fixo o que pensara, voou ao través da tormenta. Canto máis forte voaba o dragón máis forte parecía ser a tormenta, ata o punto que lle fixo baixar e agocharse nunha cova por dúas veces. Pero ao final, o dragón conseguiu chegar á praza da Coroación, na Cidade Perdida.

Ao tempo que Lou baixaba no centro da praza, viu coma o tigre, a grúa, a cobra, e o mono chegaban, á mesma praza, ao mesmo tempo que el, e polas pintas, tan cansados coma el. Como ningún deles quería perder, empezaron unha discusión que chamou a atención da garda do Emperador, e colléronos presos a todos.

foto6Ao rematar a coroación O Emperador foi a prisión do Pazo Imperial e preguntou aos animais polo barullo que montaran antes da súa coroación. Os cinco animais contáronlle toda a historia ao Emperador, mantendo un escrupuloso orden de intervención, tanto pola vergoña de estar na cadea diante do Emperador, como para non incomodalo máis.

Despois de oír todos os argumentos dos animais, falou o Emperador:

 “Esta é a miña sentenza. Por destruír a paz na Cidade Prohibida as leis din que debería condenarvos a morrer de inmediato. Tamén é certo que se lle concede ao Emperador no día da súa coroación outorgar unha medida de graza. Por iso condénovos, aos cinco, ao desterro perpetuo.”

O corazón dos cinco animais conxelouse no acto. Non podían crer que unha absurda discusión puidera ter un final así.

 “Non obstante, -continuou o Emperador- permitireivos permanecer neste reino, se os cinco aceptades pasar a traballar para min coma meus principais conselleiros.”

A cara dos cinco, pasou nun instante, da tristura máis fonda, e do medo máis atroz, á sorpresa máxima.

“Pero … como … por qué … non entendo …” balbucían, sen entender nada.

O Emperador, mirou divertido a reacción dos cinco animais, que en adiante serían chamados os “Cinco Conselleiros Lendarios”, e explicou:

 “Chei, a túa forza, e a túa determinación serán imprescindibles en moitas das decisións foto7que deberei tomar no meu tempo de goberno, pero tamén necesitarei a confianza e a paciencia de Chi-Zhón, pois moitos problemas só se poderán solucionar tendo a ámbalas dúas do meu lado. Por outra banda, Ya-Ying conseguiu chegar aproveitando as pequenas vantaxes que o terreo lle daba, e esa é outra habilidade que precisarei no Trono, aprender a ver e a aproveitar as vantaxes que poidan aparecer para resolver os diferentes problemas que de seguro xurdirán nos vindeiros anos. Houzú, a túa intelixencia para facer planes, e para logo cambialos segundo sexa necesario, é unha habelencia pouco común, e desde logo, quéroa comigo. E para rematar, Lou. O lume das túas verbas, empurrou a estes catro a facer o imposible, ao mesmo tempo que ese lume fixo que ti tamén te esforzaras dabondo para acadar o imposible, por iso tamén te quero ao meu carón”.

Como en calquera lenda, non está claro se os Cinco Conselleiros Lendarios existiron ou non, pero o que si se sabe de certo e que aquel foi o mellor Emperador, e o gobernante máis sabio na historia do Imperio.

Imaxes:

Cidade: http://media.animevice.com/uploads/0/3346/369284-northcity.png

Emperador: http://galeria.dibujos.net/culturas/china/joven-emperador-pintado-por-juan-9774249.html

Outras imaxes: Documentación da Federación Galega de Kung-Fu.

 fran

2 thoughts on “Conto «A Lenda dos Cinco Conselleiros Lendarios»”

  • Ángeles Ríos Casás dice:
    13 noviembre, 2014 a las 09:46

    Entretenida la historia, para pensar. Gracias.

    Inicia sesión para responder
  • Jose dice:
    16 septiembre, 2014 a las 15:42

    Muy buena!

    Inicia sesión para responder

Deja un comentario Cancelar respuesta

Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.

Entradas recientes


  • Curso Intensivo Defensa Personal para Mulleres
  • Concurso Artes de Nadal 2017
  • Exámenes de Grado de mayo 2017
  • Campeonato Interprovincial de Kung Fu
  • XI Campeonato Gallego Individual de Kung Fu

Comentarios recientes


  • Ángeles Ríos en Campeonato Interprovincial de Kung Fu
  • DiSomLugo en Taichi
  • Ángeles Ríos Casás en Conto «A Lenda dos Cinco Conselleiros Lendarios»
  • Jose en Conto «A Lenda dos Cinco Conselleiros Lendarios»
  • elena enriquez simon en Gañadores concurso de postais de Nadal (Benxamín)

Meta


  • Registrarse
  • Acceder
  • RSS de las entradas
  • RSS de los comentarios
  • WordPress.org

Archivos


  • octubre 2018
  • noviembre 2017
  • mayo 2017
  • marzo 2017
  • febrero 2017
  • diciembre 2016
  • junio 2016
  • mayo 2016
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • abril 2015
  • marzo 2015
  • febrero 2015
  • enero 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • septiembre 2014
  • junio 2014
  • mayo 2014
  • abril 2014
  • marzo 2014
  • febrero 2014
  • enero 2014
  • diciembre 2013
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • septiembre 2013

Categorías


  • Aire libre
  • Artículos
  • Campeonatos
  • Cromos
  • Defensa Personal
  • Defensa personal femenina
  • Defensa personal policial
  • Fin de semana
  • Formación
  • Infantil
  • Kung Fu
  • Niños
  • Noticias
  • Relajación y meditación
  • Tercera edad

Categorías

  • Aire libre
    • Infantil
  • Artículos
    • Tercera edad
  • Defensa Personal
    • Defensa personal femenina
    • Defensa personal policial
  • Formación
  • Kung Fu
    • Campeonatos
    • Cromos
    • Niños
  • Noticias
    • Fin de semana
  • Relajación y meditación

Entradas Recientes

  • Curso Intensivo Defensa Personal para Mulleres
  • Concurso Artes de Nadal 2017
  • Exámenes de Grado de mayo 2017
  • Campeonato Interprovincial de Kung Fu
  • XI Campeonato Gallego Individual de Kung Fu
  • Carnaval Infantil 2017
  • Feliz Navidad y próspero año 2017

Nube de etiquetas

#LATAZADELDISOM +Rendimiento 2013 Actividades A Nutricionista Opina aventura axenda Bienestar Campeonatos cantar delas CEL cerebro cinturón negro concerto de primavera concurso cortex cerebral Defensa persoal descuento Día mundial de la diabetes excursión Fin de semana Fisioterapeutas Formación. gimnasia hipopresiva; Graduados en Ciencias de la Actividad física y del deporte hipopresivos Kung-Fu Infantil Kung fu Lee Dong Kiu Lugo Matronas Médicos Nadal Navidad nutricionista Prevención de riscos laborais promoción Rafting receta Resultados Río Ulla Salud Seguridade senderismo Técnicos deportivos

Contacto

Dirección:
Rúa Camiño Real 164 27004 Lugo


Teléfono: 982 218 050


¿Como llegar?


Correo electrónico:
clubkflugo @ gmail.com

Entidad Colaboradora con:

Entidad colaboradora Club Kung-Fu Lugo

Información legal

Aviso legal
Política de cookies

Club Kung-Fu Lugo

Implementado por xeral.net.