Concurso de postais do Nadal Di Som Lugo
Convócase o II concurso de postais de Nadal do Ximnasio Di Som de Lugo.
Estimados pais, contamos coa vosa colaboración para que os vosos pequenos participen neste concurso. Con el, buscamos fomentar a participación dos nenos e nenas nunha actividade de carácter lúdico e cultural.
As postais teñen que ser entregadas antes do día 20 de decembro, e serán expostas do 20 ao 30 de decembro no ximnasio e nas redes sociais nas que este está presente.
O tema do concurso será:
O Kung Fu e a natureza
Haberá tres categorías de participación:
- Benxamín: Ata seis anos
- Alevín: De sete a dez anos
- Infantil: De once a catorce anos
Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a imaxinación, o uso das cores, as técnicas de composición e o texto da postal.
O gañador ou gañadora será o que obteña máis “me gusta” na súa foto entre o vinte e o trinta de Decembro no noso tablón de Facebook.com ( subiranse as fotos o día vinte o longo da mañá) e o día trinta de decembro ás catro da tarde péchanse as votacións.
O premio consistirá en:
- Primeiro clasificado: Cromo Edición especial 20 Puntos
- Segundo clasificado: Cromo de 15 puntos
- Terceiro clasificado: Cromo de 10 puntos
Para comentar debe estar registrado.