Fin do II Concurso de Postais de Nadal
O concurso de postais pon punto e final co anuncio dos tres gañadores nas súas diferentes categorías:
Cada un dos pequenos autores destas postais, a partir do día 7 de xaneiro de 2014, poden recoller o seu cromo exclusivo polo posto acadado na votación, nas oficinas do Ximnasio.
Pero dende o equipo técnico e a dirección déixanos unha mal sabor de boca que todos os nenos e nenas que se esforzaron moito en facer unha postal de Nadal na que invertiron moito tempo e esforzo queremos recompensalos cun cromo conmemorativo do concurso, que poderán recoller a partir do día 7 de Xaneiro.
O nivel das postais deste ano foi alto, tanto como o número de participantes (tanto pequenos como votantes en Facebook)
Dende o Ximnasio Di Som de Lugo agradecemos a participación de tanto pais, nais, familiares e amigos neste concurso.


Para comentar debe estar registrado.