Excursión a Marcelle
Comunicámosvos a organización dunha excursión a Marcelle (parque zoolóxico) para os máis pequenos o vindeiro martes xoves 26 de xuño de 2014 entre as 11 da mañá e as 5 da tarde.
A excursión inclúe:
- autobús dende o ximnasio
- entrada o parque zoolóxico de Marcelle
- visita guiada o parque
- un taller didáctico para os rapaces
A excursión non inclúe:
- comida e bebida
O custo normal serían 25 € pero temos colaboración da Vicepresidencia 1ª de Deputación Provincial de Lugo, Area de Deportes, en recoñecemento dos méritos deportivos alcanzados polos nosos deportistas, o custo será de 5 € por rapaz
Os pequenos poden invitar a esta excursión os seus amigos, que gozarán das mesmas condicións.
O prazo de inscrición remata 19 de xuño.
Para comentar debe estar registrado.