Día da diabete
Dende hai moitos anos coñécense os beneficios que achega o exercicio sobre a diabete. A práctica regular de deporte ás persoas diabéticas xunto co tratamento farmacolóxico e a proposta alimentaria, é un dos puntos fortes do tratamento.
Calquera práctica deportiva debe efectuarse de forma regular e controlada, así pódese manter un bo estado físico e psíquico. O exercicio será un acto agradable e unha práctica segura para a persoa con diabete, se se adoptan medidas correspondentes.
Beneficios do exercicio
- Pode axudar a mellorar o control da diabete (se está correctamente pautado) porque produce un descenso do nivel de glicosa no sangue (debido ao aumento da utilización do músculo en movemento)
- Provoca unha redución da dose de insulina, se a práctica deportiva é regular.
- Favorece a perda de peso, debido ao consumo de graxas por parte do músculo en actividade.
- Reduce a incidencia de enfermidades cardiovasculares.
- Mellora a elasticidade muscular (axilidade).
Máis info aquí
Para comentar debe estar registrado.