Axenda Fin De Semana 21 – 22 de febreiro
Fin de semana de CINE e TEATRO.
Esta fin de semana, na oferta cultural destaca a XV Mostra de teatro clásico coa obra Bobas & Galegas, Mofa & Befa no Século de Ouro, e a reestrea de La Isla Mínima, película ganadora de dez premios Goya 2015.
Sábado 21: XV mostra de teatro clásico 2015:
Lugar: Auditorio Gustavo Freire
Hora: 20:30
Bobas & Galegas, Mofa & Befa no Século de Ouro, será a obra que representará a compañía Produciones Teatrales Excéntricas. Esta comedia está dirixida por Quico Cadaval e conta cos actores Evaristo Calvo e Victor Mosqueira.
Viernes 20 y siguientes: La isla mínima
Lugar: Cines As Termas
Reestrea da gran triunfadora na gala dos premios Goya, ao conseguir 10 das 17 figuras ás que aspiraba.
A illa mínima foi a Mellor Película de 2014 para os académicos, que fixeron que o sevillano Alberto Rodríguez levantase o Goya® de Mellor Director e o de Mellor Guión Orixinal, trofeo que compartiu conRafael Cobos. Os intérpretes Javier Gutiérrez e Nerea Barros, o director de fotografía Álex Catalán, o montador José M.G.Moyano, o director artístico Pepe Domínguez, o deseñador de vestiarioFernando García e o músico Julio de la Rosa, tamén alzaron o trofeo por esta produción que, dende a súa estrea, obtivo numerosos premios.
Para comentar debe estar registrado.